Todos esos momentos perderánse no tempo, como bágoas na chuvia.




A frase que titula este texto é unha das máis poéticas da película, ao meu parecer, Blade Runner.
Non recordo escoitar falar moito desta agás polo meu pai, que é fan do cine e das películas antigas. Aínda así non me chaman para nada a atención as películas do xénero de ciencia ficción, a maior parte me aburren como é o caso de Star Wars, Star Trek...etc

Esta película está baseada no libro ''¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?'' novela de Philip Dick, dirixiuna Ridley Scott e ambientase nunha versión distópica de L.A onde os humanos fabrican ''replicantes'' (humanos artificiais) co obxectivo de utilizalos no seu beneficio; tras un incidente son considerados ilegais e é ordenada a súa eliminación por parte do corpo de policía Blade Runners, para o que é requerido o semi-retirado Rick Deckard (Harrison Ford) o mellor no seu oficio.

Antes de vela, contando que a película dura dúas horas pensei que iba a ser difícil  e que ademáis non me iba a gustar pero polo contrario aínda que a película non figura entre as miñas favoritas, fascinoume a ambientación, a iluminación e os planos que aportábanlle un aura a que ,a pesar de ter un ritmo máis lento do habitual, facíase amena e agradable de ver. Ademáis a banda sonora é un plus así como a interpretación de todos os actores, en especial o monólogo final tan filosófico como poético de Roy Batty despois de salvar a Deckard que nos plantexa o significado da vida.

Concluíndo, recomendo moito esta película, que pode ter diversas opinións dependendo dos gustos de cada un pero o que non se pode negar é a sua calidade cinematográfica.

Comentarios

Entradas populares